Completan a senda para peregrinos na zona do Camiño en Estorde
Leva décadas sendo un perigo. Os peregrinos xóganse a vida cando andan pola zona de estrada da AC-44 entre Corcubión e Fisterra nunha zona onde non hai zona de peóns. A Xunta xa actuou o ano pasado pola zona de Corcubión e está inmerso nas obras na zona de Estorde, Concello de Cee.
A actuación, que comezou en febreiro, desenvólvese no tramo desta ruta do Camiño de Santiago que cruza esta vía autonómica, entre os puntos quilométricos 5+260 e 6+053. A intervención consiste no acondicionamento deste tramo, coa execución dunha senda que suma un total de 631 metros de lonxitude e a condución de pluviais mediante 84 metros de tubaxe.
Completarase coa mellora da sinalización, coa disposición de novos sinais reflectores e con indicacións relativas ao Camiño de Santiago.