Mércores. 04.08.2021
El tiempo

A comunidade escolar do CEIP Areouta concéntrase este luns ante o novo recorte

Screenshot_20210715_093540
A comunidade escolar do CEIP Areouta concéntrase este luns ante o novo recorte

Tralo peche do CEIP do Pino do Val, en Sardiñeiro temen o peor. Xa denunciaron a intención da Xunta de unir nunha soa aula os [email protected] dos 6 cursos de Primaria do CEIP Areouta. Unha situación que provocaría que un só profe teña que impartir contidos para [email protected] de 6 e 12 anos a un tempo.

Ante esta situación a Anpa Arco da Vella vén de convocar unha concentración no centro para o vindeiro luns ás 11:00h co lema “O Rural está vivo”.

”Acelerando peche das aulas”

Segundo denuncia CIG-Ensino, que apoia estas mobilizacións, “Educación está a premer o acelerador para pechar aulas e colexios neste mes de xullo, provocando un elevado número de supresións de mestres e mestras”. Consideran que a palabra “recortes” é a que “mellor define unha traxectoria permanente do goberno do PP: pechar aulas e mesmo colexios no rural, eliminar desdobres en ámbitos urbanos e, en todas partes, aplicar a máxima de que a educación é un gasto e non un investimento polo que ampliar ratios, saturando aulas e eliminado postos de traballo, é a doutrina que fielmente cumpren os cargos políticos á fronte de Educación”.

O sindicato explica que a cousa vai moito máis alá dos dous centros costeiros, pois aseguran que “xa están confirmados peches de aulas e supresións de profesorado nos seguintes centros: CEIP San Marcos (Abegondo), CEIP A Maía (Ames), EEI VIlarrodís (Arteixo), CEIP Praia Xardín (Boiro), CEIP Portofaro (Cambre), CEIP Sagrada Familia (A Coruña), CEIP Salgado Torres (A Coruña), CEIP Isaac Díaz Pardo (Culleredo), CEIP Recimil (Ferrol), CEIP Areouta (Fisterra), CPI Pontecarreira (Frades), CEIP O Coto (Negreira), CEIP A.D.R. Castelao (Ordes), CEIP Flavia (Padrón), CEIP Santa María (As Pontes), CEIP Serra de Outes (Outes), CEIP Deán Grande (Ribeira), CEIP Palmeira (Ribeira), CEIP A Igrexa-Calo (Teo), CEIP Princesa de España (Verín), CEIP Folla Respino (Vilamarín de Valdeorras), CEIP A Pedra (Bueu), EEI A Pastora (Cambados), CEIP Dr. Suárez (Fornelos de Montes), EEI N. Sra. do Carme (Marín), CEP Altamira (Salceda de Caselas), CEIP Nº 2 (Tui), CEIP Frián-Teis (Vigo), CEIP de Riotorto, CEIP Sagrado Corazón (Lugo)…

 

Novas relacionadas

comentarios