Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Consello Interparroquial de Cáritas volve unir ás parroquias de Fisterra, Sardiñeiro e Pereiriña

Caritas Interparroquial Fisterra
O Consello Interparroquial de Cáritas volve unir ás parroquias de Fisterra, Sardiñeiro e Pereiriña

Esta fin de semana tivo lugar unha nova xuntanza de Cáritas interparroquial da comarca fisterrá. O pai John Paul Britto convocaba ás entidades das parroquias de Fisterra, Sardiñeiro e Pereiriñ a esta reunión no salón parroquial de Sta. María de Fisterra, nesta nova unidade pastoral da que son responsables os Pais Guanelianos.

O obxectivo é manter varias reunións e charlas formativas impartidas polo Técnico de Caritas Diocesana de Santiago, Ramón Igrexas, os días 11 e 18 de decembro, así, como, o 8 de xaneiro, ás 18,00 Hras. Deste xeito reiníciase o traballo de Caritas Interparroquial de Fisterra, renovando o compromiso da Igrexa cos pobres e, máis aínda, ante a situación que actualmente vívese de crise social e económica en tempos de pandemia.

Comentarios