Continúa a búsqueda do peregrino francés desaparecido na costa fisterrá

12:44 03/01/16

4 días despois da desaparición do peregrino francés de 48 anos na praia do Rostro, continúa, sen novidades, en marcha o dispositivo de búsqueda. Un operativo de Protección Civil, Garda Civil e Policía Local de Fisterra seguen á procura, por terra, do corpo do peregrino, xa por zonas máis ao norte da praia fisterrá, como a Mexadoira.
As condicións meteorolóxicas impiden que poidan saír os medios marítimos, mentres que o Helicoptero de Salvamento podía saír onte pero hoxe non lle era posible.
O dispositivo continuará alomenos unha semana máis.


Nova relacionada
- 30-12-2015: Desaparece outro peregrino na costa fisterrá.
- 22-10-15: Atopado o corpo do Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra/a>.
- 20-10-15: Despregado un completo dispositivo de busca por un Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra.
- 14-10-15: Continúa desaparecido o tripulante da embarcación afundida fronte a Malpica.
- 07-10-15: Aparece o corpo do mozo de Lires no seu vehículo no fondo do mar de Cee.
- 18-06-15: Tarde tráxica: Un falecido na praia do Ézaro e aparece un cadáver no mar de Fisterra.
- 01-06-15: Desaparece un novo peregrino no mar de Fisterra.
- 06-02-15: Aparece o corpo dunha muller nas rochas do Cabo Fisterra.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).