Domingo. 09.05.2021
El tiempo

COVID: “Esta é a nosa historia”

Olaya Ferrio
Olaya Ferrío conta en primeira persoa como está sendo a súa experiencia "covid"
COVID: “Esta é a nosa historia”

A fisterrá de Sardiñeiro residente na área da Coruña, Olaya Ferrío, terá que pasar o Nadal confinada coa súa familia. Cóntanos en primeira persoa a súa experiencia para co sistema sanitario público tras dar positivo.

“Esta é a nosa historia”

Desde que saltou todo isto en marzo fomos moi responsables, cumprimos en todo momento todo o que se nos pedía, e ata máis.

Aínda así, o virus entrou en casa en novembro.

O primeiro en ter síntomas foi o meu marido, e con el empezan as primeiras reclamacións; porque non tiña sentido que ás pequenas si lle pediran PCR e a min non. “É o que marca o protocolo”, dicíanme, sen dúbida a frase do ano.

Doutra banda, que lle chame a súa doutora para comunicarlle o positivo e que lle grite, que non lle deixe falar nin preguntar dúbidas é moi desagradable, ah... E que lle diga, palabras literais: "déixoche no mostrador o parte de baixa, ti queda en illamento, así que búscate a vida para que alguén cho achegue". Menos mal que o persoal de mostrador do Centro de Saúde de Cambre é moi amable e nolo enviou por mail.

Aos 3 días empezamos con síntomas a miña filla maior e mais eu, e claro, “xa que levas ás túas fillas a facer a PCR farémoscha a ti tamén. Agora si.

Facémonos a PCR, á miña comunícanme o positivo ao día seguinte, do positivo das nenas decátome polo colexio porque lle mandaron a eles antes a comunicación que a nós.

Doutra banda, que pasa cos rastreadores? Non pode ser que ao pai, que foi o primeiro positivo en casa, lle chamen (3 veces) e lle que é contacto estreito dun positivo, cando os positivos somos os da unidade familiar. Pois recibiu unha chamada por cada unha de nós.

E repítese a historia comigo.

E o que tampouco se pode pasar é que, che pregunten con quen estiveches os 2 días antes de ter síntomas, digas que no traballo (no exterior) había un compañeiro pero non estiveches preto, só pasaches por el e saudáchelo. E que chamen a esa persoa e que minta (dixo que compartiron un espazo máis de 15 minutos sen mascarilla) porque lle apetece estar en casa 10 dias cobrando o 100% de salario sen traballar. Iso non se pode permitir. Hai moita xente que se aproveita da situación, e mentres tanto afogamos máis aos empresarios.

Teño que dicir que se chamou en repetidas ocasións aos rastreadores para que fixesen algo con este caso, dicíannos que ese señor non figuraba como contacto estreito e polo tanto tería que estar traballando, que a palabra e a versión que vale é do positivo, pero, ese señor estivo 10 días de baixa.

Estando eu mala, enviei reclamación polo trato recibido por parte da doutora ao meu marido, e enviei reclamacións porque desde o minuto uno había moita présa en darnos de alta a todos en 10 días sen facernos unha segunda PCR de confirmación. Como poderiamos saír á rúa tranquilos así?

Pero, ao min complicóuseme e aos 5 días de empezar con síntomas tivéronme que ingresar no CHUAC. Teño que dicir que alí recibín un trato exquisito e a doutora chamaba todos os días ao meu marido para explicar a miña evolución.

A miña experiencia alí, en todo caso, son foi boa: os presos na carcel están mellor; estás soa, illada, e sen TV!!! Vergonzoso, porque aínda que quixeses pagala non podes, porque non podes saír da habitación a comprar a tarxeta. Eu tiña o móbil e ía pasando o tempo, pero non podía parar de pensar na xente maior, para eles ter a TV acesa axúdalles a pasar mellor o día e distraerse un pouco. TV gratis nos hospitais xa!

Aos 10 días danme a alta e comunícannos que debemos pernanecer 14 días máis illados.

A boa noticia foi que, logo de tantas reclamacións, acceden a realizarnos as segundas PCR ao terminar a corentena.

Pois un día duroume a alegría; sen previo aviso cambiáronme a médica de cabeceira e a nova dime a frase tan famosa: "é o que marca o protocolo, logo de un mes xa podes saír con tranquilidade, xa que é moi raro que sigas sendo positiva".

Dous días antes de terminar o illamento, tiven que acudir a urxencias, alí realízanme probas, unha delas a PCR. A miña sorpresa é cando me chaman ao día seguinte e comunícanme que sigo sendo positiva (logo de un mes) e que aumentamos illamento 10 días máis para todos en casa. Mentres me pide unha serología. Que podo ter baixo nivel de contaxio, pero, que non mo pode garantir, así que en casa. E, é a mesma compañeira que non me quixo facer a pcr. Con actuacións así, non paramos o virus.

Parelamente as nenas teñen PCR negativo e o meu marido positivo. O meu marido é autónomo, e recibe presión da Mutua para coller a alta, xaustamente o mesmo día que lle comunican que segue sendo positivo, que lle solicitan a serología, que lle din a el tamén illamento ata o 25/12, xusto ese día recibe un sms que a mutua solicita ao sistema público de saúde a súa alta. Pódenmo explicar?

Nós seguimos en illamento e sairemos cando saibamos ao 100% que non somos ningún perigo para ninguén. E logo de todo o vivido, este Nadal pasámolo en casita os 4.

A nosa experiencia co COVID foi unida a moitas reclamacións, consideramos que algo hai que cambiar, con todo o tempo que levamos con esta pandemia as cousas terían que funcionar.

  • Olaya Ferrío.

comentarios