Venres. 19.04.2024
El tiempo

200 persoas crean sinerxias en Fisterra entre libros e viños

I Encontro EnoliteriomBela Fisterra
200 persoas crean sinerxias en Fisterra entre libros e viños

Unhas 200 persoas visitaron este sábado Bela Fisterra para asistir ao I Encontro Enoliterio. Tunel de Libros e Viños de Galicia. Éxito total dunha iniciativa que nace para crear un relato, conversas e sinerxias ao redor dos libros e os viños!

Máis de 100 dos mellores viños das 5 denominacións de Orixe de Galicia, maridaron á perfección con máis de 100 obras literarias de 30 artistas da literatura galega, chegados de todas os recunchos do país.

Na organización do evento estiveron Luis e Alex Paadín, Rodrigo Costoya, Rober H. L. Cagiao. E alí estiveron xentes como Roberto Martinez Guzmán (que ostena o récord do autor con máis libros vendidos na plataforma Amazon), Rodrigo Costoya (un dos ganadores do certame internacional de novela Histórica de Ubeda con “El Custodio de los libros”), ou a ceense Rocío Leira (Premio Xerais de narrativa xuvenil), Antonio Nodar, o pintor universal co pesado libro (6,5kg) “Do retrato ao autorretrato”), Modesto Fraga (membro do comité de sabi@s de Bela Muxía), Amada Traba (filla de fareiro de Fisterra e agora profesora da Universidade de Vigo) ou Fátima de la Iglesia Lobato.

Vendo o resultado e o éxito acadado, xa se está traballando nunha II edición!!

Comentarios