Venres. 04.10.2024
El tiempo

Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra

Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra
O cadaver dunha Tartaruga Laud chegou a Fisterra-Foo-Finisterre Unico

Menudas crebas que se atoparon esta fin de semana en Fisterra. Os veciños non perderon ollo da recollida dunha enorme Tortuga Laúd na praia da Ribeira. Mentres, no Rostro, as galletas de chapapote volveron saír á superficie como cada vez que hai máis de fondo.

A Tortuga Laúd

Segue a Costa sendo o cemiterio de animais exóticos mariños. Non hai moito unha balea varaba en Muros, e este pasado sábado era unha tartaruga laúd, a máis grande do mundo, a que aparecía morta na praia da Ribeira de Fisterra. Pode vivir ata 80 anos e ten un caparazón flexible cuberto de pel que a dota de gran hidrodinamismo.

Numerosos veciños se achegaron á praia para ver a recollida do cadáver.

Numerosos vecinos viron o rescate do cadaver da tartaruga Laud-Foto-Finisterre Unico

De cadáveres a galletas

Recollendo galletas de chapapote

E como cada vez que hai mar de fondo, a Praia do Rostro enrócase para lembrarnos que 11 anos non son nada. Milleiros de galletas de chapapote da catástrofe do Prestige, esa que non tivo culpables saen á superficie e unha familia de bravos de Sardiñeiro aproveitaron para recoller unhas cantas.
E saíron no día no que media Galicia berrou o Nunca máis, dende as rúas de Compostela ata o campo de Riazor.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios