De Fisterra a Cabo Norte en moto
Unir o Cabo Fisterra co Cabo Norte en moto é o obxectivo do Proxecto Finisterre Nordkapp 2014. Os coruñeses Enrique Morales e o seu amigo Roberto Mella teñen ese gran reto en mente para este ano, despois de 3 anos dándolle voltas. I é que os 14 km atravesando 9 países que hai entre o Cabo Fisterra e o Cabo Norte (Honningsvag- Noruega) son para reconsideralo.
Pero están decididos, e xa teñen data de saíde e todo. O vindeiro 28 de xuño partirán dende o Faro Fisterra, chegar o 5 de xullo ao Cabo Norte e voltar ata a fin da terra o 20 dese mes.
E na proposta vai participar activamente o Concello de Fisterra patrocinando a ruta, procurando ademais establecer vínculos coas administracións do lugar de Honningsvag, a semellante vila de 3.000 habitantes, o lugar máis ao norte de Europa. Contan ademais con varios patrocinadores para desenvolver a viaxe.
Os moteiros queren, ademais de enlazar os cabos (unha idea que queda fantástica unindo poesía coas realidades mariñeiras dos dous puntos), facer algo máis. E para iso xa están pensando en racadar fondos para algunha ONG como "Riders for Health (Motos Solidarias)", unha entidade que axuda a que técnicos sanitarios poidan seguir percorrendo os países africanos en moto.
Menudo itinerario que se van a zampar esa Kawasaki GTR 1400 e a Yamaha FJR 1300... Aquí vos deidamos:
Nordkapp2014 Video from kike on Vimeo.
Máis información
Novas relacionadas
- A Costa da Morte participará nun proxecto de Fisterras Europeos.
- A SEMESCOM coñece os Finisterraes de Normandía.
- Notas dunha viaxe ao Fisterra córnico con Manuel Vilar.
- É o Cabo Touriñán o punto máis occidental da Europa Continental?.
- O Finisterre bretón. O verdadeiramente preparado para o turismo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).