Denuncian que a reclamación dunha promotora pode levar á ruína ao Concello de Fisterra


I é que por algo se chamou boom urbanístico. Porque en calquera momento explota. E en Fisterra pode que aínda non explotara o boom da Recta da Anchoa, que pode, como asegura a oposición, "levar á ruína ao Concello".
Vimos de coñecer que unha das construtoras que destrozaron a entrada á vila do Cristo entre 2004 e 2007 acaba de realizar unha reclamación patrimonial por danos e perxuizos ao Concello de Fisterra. A empresa "Inversiones Plaza Garden SL" pide un mínimo 11 millóns de euros como consecuencia da nulidade da súa licenza urbanística. "Unha cantidade que pode levar directamente á ruína ao Concello de Fisterra", segundo denuncia Modesto Fraga, voceiro do BNG, unha vez que a cifra cuadriplica o presoposto anual do Concello.
Un Fraga que afirma que leva 6 meses pedindo o acceso a este expediente e a outras informacións sobre as licencias urbanísticas no Concello, pero que non foi ata esta semana cando o primeiro expediente.
Son 400 as vivendas que están na mesma situación, involucrando outras empresas como Coinasa, L-Tres Inversiones, Poalsa Inmobiliaria e Campoalsa. Neste caso falamos do Bloque "Os Rosales", de 88 vivendas, situado na metade da Anchoa, no lugar de Escaselas. A empresa xa vendeu 54 dos pisos, pero a dçia de hoxe a xente xa non os quere. A xente quere os cartos de volta.
Ademais, dende a empresa entende que a legalización é practicamente imposible unha vez que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ratificar como firme a sentencia de ilegalidade da licencia, por non ter o saneamento no momento de comezo das obras. E por iso, a multinacional pide esta compensación millonaria.
O alcalde asegrou que lle parece "desorbitada" a cantidade solicitada, e ao tempo apuntou nun pleno que con 200.000€ poderíase resolver o litixio. Ademais entende que a situación deste edificio é "legalizable".
"E os cartos?"
Así se pregunta o BNG fisterrán. "Onde foron os cartos destes boom urbanístico? Se estamos aínda pedindo créditos cada dous por tres e eses cartos non se ven nin en infraestruturas, nin en investivementos nin en nada".
Novas relacionadas
- 13-12-11: Novas denuncias contra o Concello de Fisterra en materia urbanística.
- 26-05-11: A Xunta indica no Parlamento que non instará a demolición das edificacións ilegais en Fisterra.
- 11-05-11: A construtora L-TRES defende as súas urbanizacións na Anchoa.
- 06-05-11: As urbanizacións ilegalizadas da Anchoa chegan ao Parlamento.
- 19-10-10: Nova orde de derribo para 3 casas en Fisterra.
- 25-09-10: Anulan a licencia de dous edificios na Recta da Anchoa.
- 27-03-09: Anulada a licencia dunha obra da recta da Anchoa.
- 12-02-08: A concentración contra o derribo da vivenda dos Suárez xuntou a 500 veciños fisterráns .
- Fotodesfeita: Urbanización na praia da Langosteira .
Máis novas
Máis información
- El País: El Tribunal Superior declara ilegales 168 pisos junto al mar en Fisterra.
- La Opinión: Una promotora reclama al Concello de Fisterra 11 millones de indemnización .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).