Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Destrozan o tear dun artesán no Cabo Fisterra

Destrozan o tear dun artesán no Cabo Fisterra

Incrible a historia que se vén de vivir o Cabo de Fisterra. Alí, ao abrigo do Faro, o artesán ferrolán-fisterrán Luís deixaba durante as noites verán o seu tear. Luís despregaba a súa arte coas telas para disfrute dos milleiros de visitantes. Pero movelo diariamente obrigaba a realizar unha posta a punto demasiado esixente. Por iso decidiu deixalo durmindo no entorno do Faro.

Pero hai cousas que non se poden entender. Esta pasada semana Luís subía como cada día a traballar, pero non puido. O seu tear aparecía aló embaixo, destrozado nas faldas do Promontorio Nerio. Parece que algúns "anordestaos" non teñen mellor que facer que destrozar o traballo dos demais.

Outro que sufríu as consecuencia destes indeseables foi Suso, do Taller Arroás. O ceense deixaba cada día a súa bici ao carón do tear e tamén aparecía destrozada.

Este suceso chega no medio do proceso de creación da Asociación Cutural de Artesáns “Feito a man”. De feito, Luís, entre outros vén de participar na I Feira Artesanal do Asalto, como unhas das primeiras citas da asociación.

Agora, todos os seus compañeiros están animándoo para que remate a tempo do seu novo tear (con pezas de castiñeiros de máis de 200 anos) a tempo para participar no Mercado Ecolóxico de Quilmas.

Esperemos que non ocorra nada durante a VI Mostra de Artesanía no Faro de Fisterra, que se iangura este venres 15 de xullo e que coñeceremos de preto estes días.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios