Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Detido o Secretario do Concello de Fisterra por presunto delito económico

Detido o Secretario do Concello de Fisterra por presunto delito económico
Jose Manuel Lema Fuentes é o Secretario do Concello de Fisterra

Esta mañá de martes 5 de novembro de 2013, o Concello de Fisterra volvía vivir un sobresalto. Un par de axentes da Policía Xudicial vestidos de paisano entraban nas dependencias municipais para falar co Secretario do Concello de Fisterra.

Sen tempo a que os propios traballadores se decatasen, os axentes ordenaron ao Secretario, José Ramón Lema Fuentes, que os acompañase ás dependencias xudicias, onde estivo pola tarde e saíu en liberdade pero en calidade de imputado. Malia que non se fixeron públicos os cargos contra el, parece que se trata dunha detención enmarcada nunha investigación da Unidad de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) aberta no 2012, por presunto delito económico.

Dende o Concello non saben de que se trata o asunto. "Estamos á espera dos acontecimentos", nos dicía o teniente de alcalde, quen recoñecía non saber as cousas da posible detención. I é que segundo nos contan pode que non teña que ver coa súa imputación na Operación Orquesta, pola que tamén imputado o seu irmán, e alcalde de Corcubión, Francisco Lema, Chisco.

En canto saibamos algo máis sobre as causas do procedemento seguiremos informando.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios