Do Faro de Salou ao de Fisterra, a dúas rodas do mencer ao solpor

08:10 22/06/16

En marcha está o I Desafío Entre Faros Salou-Fisterra. Unha experiencia organizada polo Moto Club Salou, que pretende unir por estrada e en moto os faros catalán e galeo durante o día máis longo do ano, o 24 de xuño.
Sairá caravana de moteiros do Faro Salou ás 6:23h, coincidindo coa saída do sol, para intentar chegar ao Faro Fisterra antes da posta de sol.
Este reto leva consigo o “Operación Quilo”, que consegue que cada moteiro leve un quilo de comida non perecedeiro para doar a Cáritas Fisterra.
Teñen previsto ir chegando a partir das 20:00h ao faro da fin do mundo, para facer un acto de benvida e unha foto de familia. Durmirán na vila do Cristo e volverán ao día seguinte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).