Venres. 26.04.2024
El tiempo

Emprendendo a golpe de fotografía en tempos de crise

Emprendendo a golpe de fotografía en tempos de crise
Dario Gomez Fotografia- O Novo estudio de Fisterra

Encántanos ver como fotocolaboradores de QPC empreden novas singraduras empresariais. Aí está o novo Darío Gómez, fillo do tamén colaborador de QPC Xusto Fisterra, con tan só 19 anos, abrindo o seu estudio de fotografía na rúa Alcalde Fernández nº 47, de Fisterra, por susposto.

Temos estado en Fisterra gracias a Darío en innumerables ocasións, e sobre todo nas grandes citas dende detrás do seu obxectivo. Exemplos como a Semana Santa, as Festas do carme, os desfiles da SD ou o imprescindible entroido fisterrán, dan conta da súa capacidade.

E aproveitamos para traer o repaso que fai Ezaro.com precisamente sobre Xuasto Fisterra, pois vén de ser premiado hai escasas semanas no concurso "Cazadores con Arco Iris" por unha fotaza do arco da vella na súa terra.

Esperamos que as cousas lle vaian ben aos dous!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios