Entran a roubar "Huevos Kinder" en Ara Solis


Que esperaban atopar? Iso mesmo pregúntase a Directiva da SD Fisterra tralo suceso desta pasada noite do martes 15 ao mércores 16. I é que era a 9ª vez en 2 meses que teñen lugar intentos de roubo en Ara Solis, e o de onte foi o que máis consecuencias tivo: 2 portas desfeitas, toda a roupa e maquinaria tirada polos vestiarios e almacén, e varias pintadas dentro dos vestiarios amenazando con queimar todo se non atopan cartos na seguinte vez.
Así e todo, a Directiva, xa preventiva ante os avisos anteriores, non deixaba nada de cartos na cantina, e desta volta non deixaran nin os "huevos Kinder" sobrantes, xa que do último intento de roubo, os asaltantes se fixeran con varios.
A Directiva da SD Fisterra, ante os sucesos vese na obriga, xunto ó Concello, de interpoñer denuncia ante a Garda Civil.
E sinalan, como vemos nas imaxes, que as pintadas están firmadas como BTK, de xeito que se alguén ten algún dato que poida servir de axuda, por favor comunicaros coa directiva ou o Concello fisterrán para poder proporcionarlle a información a Garda Civil.
Novas relacionadas
- Xuvenís: Rematou a Liga, e xa temos Liguilla previa e Copa da Costa.
- A SD Fisterra retira o equipo B da competición.
- Alex Bergantiños vestiuse de branquiazul… en Baio.
Fonte
- Nota de prensa da directiva da S.D. Fisterra.