![Cemiterio do Cabo Fisterra. Imaxe: Marcos Rodríguez]()
Cemiterio do Cabo Fisterra. Imaxe: Marcos Rodríguez
Se onte pedían un escudo e unha bandeira oficiais para Fisterra, hoxe piden
que se rematen as obras do cemiterio municipal. Segundo indica a asociación de veciños "Costa da Morte" as obras, que se iniciaron no 1999, "quedaron a medio facer polos problemas xurdidos ao non poder facer fronte o concello a unha reforma no proxecto presentado pola empresa constructora, razón pola cal quedou reducida á metade e, que, en todos estes anos pasados non houbo capacidade económica e/ou vontade política para terminar a obra".
Dende a asociación veciñal califican de
"lamentable" que estas obras se atopen en estado de abandono despois do importante investimento económico realizado e ante a situación actual de saturación do cemiterio parroquial.
Segundo os membros da asociación de veciños "Costa da Morte", o concello de Fisterra está incumprindo a lei do Chan que prohibe e sanciona as obras inacabada, que contribúen ao feísmo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación veciños Fisterra