Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Faro Fisterra, outro verán sen ordenación

Faro Fisterra desordenado
O Faro Fisterra, outro verán sen ordenación

Volve o verán e volve collernos o touro. Algunhas das nosas infraestruturas turísticas seguen sen vivir modificacións e volveremos ter os problemas de sempre.

Un dos mellores exemplos é Fisterra, o que se supón que é o 2º punto máis visitado de Galicia malia non termos ningún xeito de demostralo. Nada se ten feito, nada se pediu dende o goberno municipal, arredor do Plan Director Monte do Cabo, presentado a bombo e platillo hai xa 10 anos. Apenas o Concello ten solicitada a cesión da estrada, unha axuda para sinalización de sendeiros do Facho, ademais de ter presentado unha proposta para a rehabilitación e posta en valor do edificio do Faro, que de xeito lamentable continúa pechado. Un proxecto presentado hai 3 anos na Autoridade Portuaria, e a pesar das promesas, nada se ten feito pasado. O último movemento realizouse no pasado FITUR, cando houbo un intento de unir Deputación, Concello e Xunta para pedirlle conxuntamente á Autoridade Portuaria a renovación.

Limpeza

Pero pouco se ten feito en canto a limpeza e mantemento. Así o denuncia esta semana a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra. Solicitan unha limpeza integral da zona do Faro, ademais do correspondente rozado; unha mellora na a sinalización; a colocación de papeleiras e logo o seu baleirado periórico; a recollida dos “recordos” e desperdicios que deixan os visitantes diariamente na parte posterior do edificio do Faro e na que se debe colocar unha balaustrada ou se constrúa un miradoiro para evitar o perigo que corren as persoas que se concentran para ver a posta do sol; e, finalmente tamén solicitan o control e vixilancia das zonas de aparcamento.

Tráfico

CAOS NO FARO FISTERRA

Precisamente o do tráfico é outro dos graves problemas da fin da terra. Ademais do eterno caos na estación de buses (na que tampouco se ten realizado cambios), a estrada do Faro volverá ser via crucis, e a explanada un verdadeiro descontrol. Sobre a mesa, levan demasiado tempo sen executar, ideas como a de cobrar o aparcamento arriba (unha medida que se avisar enfadaría a moitos visitantes); ou a de facer un aparcadoiro na zona da Igrexa (en fronte, preto do colexio relixioso), e preparar un sistema de buses lanzaderas, polo menos durante os meses de verán e os días sinalados, que permita que haia un orden na zona do Faro.

Cemiterio

Van máis de 20 anos de esquecemento, e o Cemiterio de Fisterra segue esquecido, coa primeira fase pendente de rematar (quedan levar auga e electricidade para poder poñer á venda os nichos).

Tamén se ten solicitado a creación dun miradoiro no monte do Facho, un sitio ideal para vistas nocturna das estrelas, lonxe da luz artificial.

 

Novas relacionadas

Comentarios