O Cemiterio de Fisterra, 20 anos de esquecemento
A verdade é que merece unha visita. O Cemiterio Municipal do Cabo Fisterra ten unha ubicación privilexiada, unhas vistas marabillosas, unhas formas singulares. Un lugar cunha potencia e un simbolismo espectaculares, con este mar como telón de fondo, e co Monte Pindo, o chamado Olimpo Celta en fronte. Dende arriba, dende a estrada, parece unha serpe rubindo as ladeiras do Monte Facho. Dende abaixo, ollado as
Vista da ladeira do monte facho hai uns anos
Un proxecto iniciado en 1998 e levantado, na súa primeira fase (hai outra proxectada), no ano 2000. Un proxecto, premiado en varias ocasións, e obxectivo de visitas de estudantes de arqueitectura e urbanismo de todo o país, que se baseaba nunha “idea de prolongación da paisaxe, no que non houbese grandes desmontes para minimizar o impacto arquitectónico dunha paisaxe salvaxe”.
20 anos despois, atopámonos un espazo baleiro, sen alma. E isto acontece porque os diferentes gobernos municipais non se preocuparon durante todos estes anos de rematar a obra, dotala de servizos básicos como auga e luz, para poder empezar a vender os nichos.
De nada serviu aquel ambicioso Plan Director do Cabo Fisterra que presentaba a “bombo e platillo” a Xunta en 2013, con máis de 1.000 accións sobre a contorna do Cabo; nin toda esa reflexión que César Portela realizaba arredor da vida fisterrá.
Pero esta situación, esta despreocupación das administracións, dase porque foi un proxecto realizado sen contar co pobo de Fisterra, que desde sempre o viu alleo, como que un erudito chega á nosa casa a indicarnos como debernos morrernos, algo co que en Galicia hai que ter moito coidado. Así e, a pesar queixas dalgunha Asociación veciñal, é razoable que os gobernos municipais pensasen durante estes que o pobo non considera a súa posta en marcha como unha necesidade.
En todo caso, o goberno municipal está intentando sacar unha partida de 50-60.000€, para o ano que vén.
Os piñeiros dos arredores xa cobren as fermosas vistas dende os nichos
Unha oportunidade
Pode que a veciñanza de Fisterra non se abalance sobre o Concello para comprar os nichos se se puxeran á venda. Pero cómpre poñerse poñerse na pel dese peregrino que leva un mes andando, reencontrándose, cunha carga enerxética e emocional altísima, e que chega ao final do seu Camiño, ao final da terra, vendo o mar por primeira vez en semanas, aderezado con este mar bravo, e que percibe toda a maxia deste contorna cunha intensidade tremenda. Por iso é polo que non sexa estraño imaxinar que haxa centos de visitantes que ao volver á súa casa, e logo de dixerir todo ese misticismo queira acabar os seus días aquí, no fin do mundo.
De feito, no Concello confirman que durante todos estes anos houbo bastantes chamadas de xentes de fóra preguntando pola posiblidade de mercar un nicho e pasar a “vida eterna” neste lugar da fin da terra.
Facendo contas, cos 144 nichos que hai actualmente con esta primeira fase, a uns 3.000 € que se pode cobrar por cada un (así foron os prezos do cemiterio municipal de cores de Dumbría)…
Cascudas e un nome
No camposanto apenas houbo algún peregrino que aproveitou a zona para pasar un par de noites a acubillo do vento e a chuvia.
A día de hoxe, as únicas inquilinas dos nichos son as cascudas que un colectivo coruñes (#Cascudas ou #Cucabomber) realizou hai anos como reivindicación contra o feísmo e as desfeitas urbanísticas.
Ben é certo que nas lápidas tamén o nome dun francés, que por 2016 quixo deixar constancia polo seu paso por Fisterra.
Escenario ideal
Ademais de ser un paso ideal para os amantes do necroturismo (hai cemiterios na zona espazos ideais), o lugar ten sido escenario de performances como a de Luisa Álvarez e a Casa Das Peritas, e mesmo ten sido escenario da promo dunha serie de Netflix, onde definen Fisterra como “el pueblo donde nadie muere”.
Performance de Luisa Alvarez no Cemiterio Fisterra-Foto-Natasha Lelenco
Novas relacionadas
- Agosto 2018: O Cemiterio de Fisterra cobra vida coa instalación efímera de Luisa Álvarez.
- Febreiro 2018: A vida eterna de Fisterra nunha serie de Netflix.
- Novembro 2017: Os veciños de Fisterra piden a posta en funcionamento do Cemiterio do Cabo.
- Marzo 16: Esixen que se rematen as obras do cemiterio municipal de Fisterra..
- 2013: A Fisterra de César Portela.
- Novembro 2012: 1000 cousas que facer, e que non facer, no Plan Director do Cabo Fisterra.