Falece un motorista en Fisterra
21:42 01/06/16
Un motorista falecía a pasada tarde do mércores 1 de xuño, despois de sufrir unha caída co vehículo que conducía. O sinistro, que se produciu sobre as 14:30 horas, tivo lugar preto do IES Fin do Camiño en dirección a Mar de Fóra nunha zona con algo de pendente.
O ferido foi evacuado polo helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Ata o lugar do accidente tamén se desprazaron axentes da Policía Local de Fisterra e voluntarios de Protección Civil.
Finalmente ao longo da tarde, falecía. O home, duns 50 anos, era natural de Cee e estaba casado na vila do Cristo.
Saída de vía en Caberta
Por outra parte, sobre as 17:40 horas de hoxe producíase unha saída de vía na estrada DP-2303, dirección Muxía, á altura de Caberta. No vehículo, que foi a parar ao outro lado da carretera, viaxaban catro persoas que foron trasladado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Ao parecer, unha das ocupantes do vehículo queixábase da dor de espalda polo que foi inmobilizada. Os outros tres ocupantes aseguraban ter unha dor no peito debido ao cinto de seguridade.
Ata o lugar do sinistro desprazouse unha unidade do parque de bombeiros de Cee e outros axentes da seguridade cidadá.
Accidentes 2016-2015
- Stop Accidentes: “No 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento”.
- 12-05-16: Unha persoa excarcelada tras un forte accidente en Ameixenda
- 18-04-16: Unha ferida nun accidente de tráfico en Bustelo.
- Días de accidentes polas estradas da bisbarra
- 22-03-16: Excarcelan unha persoa tras un accidente en Camariñas.
- 11-03-16: Un ferido nun accidente de moto en Fornelos, en Zas.
- 29-02-16: Nova fin de semana de accidentes.
- 24-02-16: Un ferido tras un accidente en Berdeogas.
- 15-02-16: Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión
- 13-02-16: Falece un mozo de 19 anos ao caer o seu coche a un río en Carballo.
- 11-02-16: 6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras.
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
- Outubro 2015: Fin de semana de accidentes nas estradas costeiras, mesmo cun falecido.
- Setembro 2015: Un falecido en Coristanco tras colidir cun camión.
- Xuño 2015: Falece unha veciña de Lires nun accidente de tráfico en Bustelo.
- Maio 2015: Falece un neno de dous anos tras ser atroplelado en Coristanco.
- Abril 215: Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo.
- Redacción QPC ([email protected])
- Axega
- Bombeiros de Cee