Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Festa folk na fin do Camiño tamén que terá que esperar a 2021

A Festa folk na fin do Camiño tamén que terá que esperar a 2021

A Asociación Cultural Anchoa, organizadora da Festa folk na fin do Camiño, ven de tomar a decisión de suspender a súa edición número 20, programada para o vindeiro 22 de agosto, e aprazala ao ano 2021

O motivo é evidentemente a crise sanitaria que estamos a vivir, e a imposibilidade de poder cumplir cas garantías mínimas de seguridade derivadas desta situación.

Dende a organización levan varias semanas sopesando a posibilidade de poder levar adiante esta edición neste ano, e de feito xa tiñan a programación case completa, polo que, o sábado 21 de agosto de 2021, esperan poder desenrolar o programa xa plantexado.

Crónicas da Festa Folk

Comentarios