Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Finde de blues en Fisterra e Lires

  • O Casino de Fisterra volve celebrar este sábadoa súa sardiñada
Blues na Costa con American Roots
Finde de blues en Fisterra e Lires

O noso coñecido Javi Turnes, despois de armar de novo e facernos gozar no Fisterra Blues Experience, vén de crear un novo proxecto musical xunto cos músicos Emlio Arsuaga, Gerg Izor e Chris Bell. American Roots Music Show é un espectáculo que recoller as orixes do blues unindo as dúas beiras do Altántico, con sabor a Gumbo de Luisana, a Texas BBQ, pero tamén a cocido madriñeiro e caldeirada de peixe galego.

E vannos deixar dúas ocasións singulares para disfrutalos.

Este venres 22, ás 17:00h subirán a bordo do Cruceros Fisterra para sacarnos unha das ocasións máis auténticas de gozar do blues a bordo.

E o domingo estarán na Braña, en Lires, a partir das 16:30h, para seguir facendo deste recuncho ceense un punto de encontro.

Sardiñada en Fisterra

Ademais, este sábado 23, o Centro Cultural e Recreativo de Finisterre "CASINO" volve organizar, tras dous anos, unha das celebracións máis tradicionais do verán fisterrán. A cita será a partir das 20:30h, na Praza Francisco Esmorís.

Novas relacionadas

Máis cousas na Axenda Costa da Morte

Comentarios