Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fisterra abre ós micrófonos para os amantes da música

Fisterra abre ós micrófonos para os amantes da música

Novedosa proposta cultural a que chega dende Fisterra. Un dos poucos garitos da bisbarra que aposta pola música en directo propón agora servir de campo de probas para os grupos da zona. Solistas, instrumentistas, bandas que escomenzan, dúos, amantes da canción, etc... todos poderán utilizar o equipo de amplificación con micros e diversos instrumentos que ofrece o Bar Boulevard Lounge.

O proxecto "Abrimos Micrófonos", tenta escarbar na multiculturalidade musical existente na zona, nos moitos músicos afeccionados, nas diferentes bandas que se están a crear nos garaxes e galpóns da comarca para ofrecerlle un sitio onde poder desenvolver a súa faceta artística. Sempre nun ambiente informal e alonxado da rixidez doutras estancias.
Loxicamente, o local fisterrán non está a ofrecer unha aula de ensaio, pero sí un espacio onde poder compartir e intercambiar esta paixón pola música, creando jam sessions e outros formatos alonxados dos eventos musicais que o local xa ofrece días puntuais.

As actuacións de bandas no Boulevard seguirán a sucederse, pero este formato está pensado para desenvolverse durante todo o ano de domingo a xoves a partir das 19:00h da tarde, como alternativa do tempo de lecer e ao mesmo tempo como trampolín para solistas, dúos ou bandas que queiran amosar o seu traballo aos presentes no establecemento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Boulevard Lounge.

Comentarios