Fisterra abre Sendeiros cara á vida
Os maiores de Fisterra gozan dunha boa saúde, e así o demostraron nos cursos de informática coma participando en máis de vinte actividades integradas no Proxecto Sendeiros Cara á Vida.
Como motivo da clausura, o sábado 26 o Tenente Alcalde do Concello, Santiago Insua Esmorís, fixo entrega dos diplomas a todos e a todas os/as que participaron activamente, un Proxecto enmarcado dentro do Programa de envellecemento activo, organizado polo Departamento de Servizos Sociais dirixido pola Traballadora Social do Concello, Teresa Dourado Martínez, e executado polo equipo interdisciplinar da empresa Senes Desenvolvemento Comunitario.
O obxectivo do Proxecto foi favorecer o desenvolvemento dunha vida saúdable, e as actividades foron dende gozar dos beneficios das augas termais do Balneario de Compostela, ata subir ao Monte de San Guillerme de Senderismo.
Tamén saíron de excursión coñecendo o patrimonio, a paisaxe e a cultura galega, visitando as Comarcas do Ribeiro, do Barbanza e a do Sar, sen esquecernos da importancia dunha dieta saúdable, polo que contaron cunhas xornadas de alimentación saúdable e de chequeo express.
Durante o proceso do proxecto foron de vital importancia, as sesións de Estimulación Cognitiva e as de actividade física con musicoterapia.
Para finalizar, que mellor que unha gran festa baile con música en vivo.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Fisterra.