Sábado. 04.05.2024
El tiempo

De Fisterra ao Ecuador para axudar na escolarización das crianzas

Foto de la charla en Finisterre con Fran insua
Fran Insua explicándolle á súa clase fisterrá o proxecto da ONG Carumanda
De Fisterra ao Ecuador para axudar na escolarización das crianzas

Esta semana, co gallo da celebración do Día do Fundador dos irmáns da Sagrada Familia (que ademais están a celebrar 200 anos na sua misión), tiveron lugar unhas xornadas de sensibilización no colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra, onde imparte clase Juan Francisco Insua, que exerce as funcións de delegado da ONG Carumanda na nosa zona.

Carumanda, que en kichwa (unha lingua do Ecuador) significa "dende lonxe", é unha ONG que centra os seus esforzos na escolarización dos nenos máis desfavorecidos en todo o planeta. Esta organización está moi vinculada cos colexios da Sa-Fa, conta con delegacións nos centros de Barcelona, Gavá, Burgos, Valladolid, Palma y Madrid. En Fisterra, dende hai tempo, cada clase do cole apadriña a un neno cunha beca escolar.

A ONG conta cuns 800 socios, e a sua axuda chega a países tan diversos como son Perú, Colombia, Ecuador, Burkina Faso, a India, Indonesia e Filipinas, entre otros.

Este verán, sete voluntarios españois, entre os que se encontraba Fran Insua, estuveron visitando algúns dos proxectos que ten Carumanda en Ecuador. Guaranda, Puyo, Quito ou Lago Agrio, foron algunhas das paradas desta viaxe que os llevou a percorrer o país nos meses de xullo e agosto.
O programa de Becas de Carumanda da cobertura a centos de nenos, que ademais de servirlles para ir a clase, tamen lles da acceso ao comedor, o que supón para moitos deles a única comida quente que teñen en todo o día.”

“Estas experiencias, ábrenche os ollos e devólvenche os pés a terra. Intentamos traballar duro "dende lonxe", para que nos sintan o máis cerca posible”, sinala Insua.

Máis novas

Comentarios