Fisterra celebra as Letras Galegas con música
07:49 26/04/23
O Departamento de Cultura e Normalización Lingüística prepara o Día das Letras Galegas. O propio mércores 17 de maio, ás 12:00h, a Praza da Constitución acollerá un concerto para toda a familia, coa actuación de Cristian Leggiero e Paty Lesta. Este dúo de piano e voz que interpretarán un repertorio rendendo homenaxe á música tradicional galega: Cantos de labor, Alalás, poemas musicados, entre outros…