Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Fisterra emprega o 40% do orzamento municipal en persoal

Fisterra emprega o 40% do orzamento municipal en persoal
Orzamentos do Concello de Fisterra 2014

Publica hoxe o BOP a Aprobación definitiva do presuposto ordinario de 2014 no Concello de Fisterra, trala súa aprobación no pleno o pasado 5 de agosto. Sérvenos o Boletín Oficial da Provincia para analizar as cantidades, que rondan os 3 millóns de euros.

Coma sempre, é interesante ver a porcentaxe de gasto en persoal, que como nos contaba Domingo Guerra, o noso especialista en Economía Municipal, supón arredor dun 35% de media nos concellos da bisbarra.

Para o 2012, en Fisterra o gasto en persoal supuña un 39%, e para este 2014, sobe un punto e se sitúa no 40%. É dicir, de cada 100€ que gasta o Concello, 40 son en persoal, situándose entre os Concellos que máis gastan en persoal da Costa da Morte.

I é que facendo contas, son 46 os traballadores municipais os que forman o cadro orgánico para este curso.

Máis información

Fonte

Comentarios