Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fisterra encoméndase aos Piratas e ao Longueirón

Desembarco Pirata de Fisterra no 2016-Foto-Darío Gomez
Fisterra encoméndase aos Piratas e ao Longueirón

Esta vindeira fin de semana, Fisterra volverá ser tomada polos Piratas. O xa consagrado Desembarco Pirata (na súa sexta edición) únese a unha das citas gastronómicas máis esperadas do verán, a XXVIII Festa do Longueirón de Fisterra. A zona da Ribeira será o epicentro das actividades.

A cita comeza o sábado 3 de agosto a ritmo dos tambores dos Kilomberos de Monte Alto, coa apertura dos chiringuitos, e non faltará a sesión vermú.

Pola tarde, os Rapacolllóns quecerán motores para que ás 18:30h comece a gran cita, a representación do Desembarco do pirata Harry Pay á praia da Ribeira.

Xa pola noitiña homenaxarase aos Piratas ingleses de Poole, que participan activamente na representación, e farase un simbólico Asalto ao Castrlo.

O domingo continúa a troula ata o concerto pola noitiña da Banda de Balbina.

Festa Pirata e do Longueiron de Fisterra-Agosto 2019

Desembarco Pirata na Festa do Longueiron de Fisterra

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios