Fisterra prepara o linkeirón para o Encontro Pirata
11:22 01/08/23
Fin de semana de época en Fisterra. A vila do Cristo prepárase para a doble cita gastro-histórico-festexeira. A XXX Festa do Longueirón marida á perfección co VIII Encontro Pirata.
O sábado 5 de agosto abre a festa coa apertura dos chiringuitos na Ribeira a partir das 13:00h. Despois de comer, os Rapacollóns porán algo de ambiente, para que as 18:00h o areal viva a representación do Desembarco Pirata e Ataque ao Castelo. Unha representación con moito traballo detrás.
Xa pola noite, música.
O domingo 6 de agosto abren os chiringuitos ás 13:00h a ritmo do Rumbo de Sardiñeiro. A música soará pola noite coa gran actuación de Sonoro Maxín, discomóbil ata a madrugada.ç