Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fisterra prepárase para a Festa do Longueirón e para o Encontro Pirata

Fisterra prepárase para a Festa do Longueirón e para o Encontro Pirata
Os días 4 e 5 de agosto chegan a Fisterra a XXVII Festa do Longueirón ("linquierón" para os locais) - e o V Encontro Pirata. O preciado bivalvo poderá degustarse nos diferentes postos que estarán ubicados na contorna da praia da Ribeira onde os servirán preparados de diferentes formas: á prancha, con salsas, en tortilla, con arroz, con pasta, en empanada e, como non, ao natural. E un ano máis esta festa gastronómica virá acompañao do Encontro Pirata, que xa vai pola súa V edición. Ademais da degustación, ao longo dos dous días haberá moita música que chegará da man de grupos como os "Petaforte", os "Kilomberos de Montealto", a orquesta "Platinum", "Mar da Vila", a charanga "O Santiguiño de Padrón", entre outros. E para recordar o ataque pirata que viviu a vila anos atrás, o sábado día 4 celebrarase a partir das 19:00 horas o V Desembarco Pirata no que haberá ata oito escenas diferentes que rematarán cun desfile coa compañía dos Rapace da Poza Choca.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios