xoves. 05.06.2025
El tiempo

Xa están á venda as entradas do Fisterra Experience

Cartel Fisterra Experience 2025
Xa están á venda as entradas do Fisterra Experience

Conta atrás na fin da terra para a volta do festival Fisterra Experience. Os días 27, 28 e 29 de xuño, vivirase unha experiencia na que a música convive cun lugar extraordinario, no que o Atlántico e a costa crean un escenario natural incomparable.

O que fai diferente a Fisterra Experience é precisamente iso: a fusión da creación cultural co espazo que a acolle. Aquí, a contorna non é só decorado, senón parte esencial do acontecemento: a natureza como aliada da música.

Nesta edición, o festival contará con artistas como Baiuca, A Pedreira, DJ Mil e Phonorama o venres 27, e Helena Egea, Mondra e MFC Chicken o sábado 28, con máis nomes por confirmar nas vindeiras semanas.

Ademais, o programa inclúe concertos en barco, que permitirán ao público experimentar a música navegando fronte ao mítico Faro de Fisterra, e tamén torneos de futbolín celebrando ao seu creador. Todo pensado para formar un espazo de convivencia e celebración cultural no corazón da Costa da Morte.

O festival está organizado por Nordesía e o Concello de Fisterra, coa colaboración de Xacobeo, Estrella Galicia, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Bela Fisterra Hotel, Cruceros Fisterra e O semáforo de Fisterra.

As entradas xa están á venda en: fisterraexperience.gal

Comentarios