Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fisterra recupera o corazón da Semana Santa de Galicia

  • Guía para disfrutar unha das Semanas Santas máis auténticas do país
Imaxe dun domingo de Resurreccion na Semana Santa de Fisterra
Imaxe dun domingo de Resurreccion na Semana Santa de Fisterra
Fisterra recupera o corazón da Semana Santa de Galicia

Volvemos ter, por fin, unha Semana Santa chea de normalidade. Por Camariñas, Mostra de Encaixe, por Carnota, Mostra Víndemo Ver. E por Fisterra, a máis pura Semana Santa, gracias a que hai un pobo absolutamente envorcado con esta singular data. I é que adoitan dar cifras dunhas 2.000 persoas involucradas directamente na festa, pero a propia organización valora que “é todo o pueblo” o implicado, ademais de xentes de Corcubión, Cee…

Repasando, podemos falar das xentes integrantes da propia Igrexa, da Xunta de Confrarías e da Comisión de Festas, que entre as tres entidades forman núcleo organizativo dunhas 20 persoas. Pero non podemos esquecer ás personaxes vivintes, os costaleiros, a xente de limpeza, os que preparan os traxes, os que preparan os tronos (carpinteiros, electricistas…), a hostalería volcada, as xentes da cantina das festas, Protección Civil, Concello… ata as propias persoas que fan que as procesións sexan multitudinarias. Toda unha vila en marcha, que vén de participar nun spot a nivel nacional:

Completo programa

Programa da Semana Santa de Fisterra 2022

A programación arrincou a súa programación o pasado sábado retiro de Cuaresma, reflexión-charla polo sacerdote formulada para a data. O Pai Britto, apenas 6 meses despois da súa toma de posesión, segue facéndose coa xente. De feito, dende a Xunta de Confrarías, Javi Trillo considera “unha marabilla traballar co el”, valora que pouco a pouco estea facendo que a xente volva ir á misa, e agradece a súa disposición para “ir vendo e coñecendo todo pouco a pouco”.
Non esquece tamén á inestimable colaboración do Concello de Fisterra.

Así xa está todo preparado para a primeira procesión deste venres, a das Dolores, acompañada pola Banda Municipal de Cee, e rematando na misa cantada polo coro Nosa Señora das Areas.

O sábado hai a peregrinación ao Santísimo Cristo, coa novidade de pasar por todas as igrexas do Concello, para acabar pasando pola aberta dende o ano pasado, Porta Santa.

Roteiro da Semana Santa de Fisterra

Non se pode esquecer a simbólica mañá do Domingo de Ramos, pero as grandes celebracións arrincan o vindeiro xoves 14, coa representación, na Igrexa Parroquial da Última Cea e do Lavatorio de pés, no que precisamente o propio Britto vai facer de Xesucristo.

O venres, Via Crucis, Desencravo e Procesión do Santo Enterro; O sábado vixilia; e o domingo… a gran representación do Domingo de Resurrección, que volverá convertir Fisterra na capital da Semana Santa de toda Galicia.

”Só queda esperar que non chova”, sinala Trillo con esperanza.

Festa do Santo Cristo

Pero como ademais de liturxia, tamén hai “moitas gañas de desconectar un pouco e disfrutar”, coma sempre chegan tamén as Festas do Santo Cristo, tan potentes coma sepre. O sábado 16 hai lío, pero a do domingo será a gran noite, coa Panorama a tope. A festa non decae ata a noite do luns.

Festas do Santo Cristo de Fisterra Semana Santa-2022

Novas relacionadas

Comentarios