Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fisterra recupera os Castros Nerios

Fisterra recupera os Castros Nerios
Imaxe da zona de Castromiñán - Foto-Sole Felloza Imaxe da zona de Castromiñán - Foto-Sole Felloza

Parece que ía en serio a proposta electoral do BNG de Fisterra de recuperar Castromiñán. E tiran de grandes expertos para recuperar, entre outros, o tesouro agochado da arqueoloxía fisterrá.

Este sábado 12 de decembro hai cita arqueolóxica na vila do Cristo. E haina por partda doble, cunha saída matutina, un roteiro polos Castros Nerios (Castromiñan, Castro Castelo e Castro de Duio); e unha charla pola tarde que servirá de presentación do Proxecto "Castros de Fisterra".

 

Programa do sábado 12 de decembro

- 11:00H.- ROTEIRO ARQUEOLÓXICO E AMBIENTAL POLOS CASTROS NERIOS Saída desde a aldea de Castromiñan. Visita ao Castro do Castelo e ao Castro de Duio, guiado por Manuel Gago, Carlos Otero e Martiño Nercellas. Duración: 2 horas. Se  chove, haberá unha charla divulgativa sobre a Idade do Ferro en Galicia na Escola de Suarriba.   - 19:00H.- PRESENTACIÓN DO PROXECTO CASTROS DE FISTERRA. Salón de actos do Concello de Fisterra. INTERVEÑEN:
  • José Marcote Suárez.- Alcalde do Concello de Fisterra.
  • Felipe Criado.- Presentación do INCIPIT-CSIC e das liñas de investigación.
  • Carlos Otero.- O proxecto arqueolóxico. Intervención en Castro do Castelo e Castro de Duio.
  • Manuel Gago.- A estratexia de comunicación e intervencións complementarias non arqueolóxicas.
  • Xosé Gago.- Turismo, didáctica e participación social.
  • Martiño Nercellas.- Caracterización ambiental do espazo onde se asenta o xacemento e consideracións legais na súa planificación e ordenación a efectos urbanísticos de protección.
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios