venres. 08.11.2024
El tiempo

Fisterra respirou devoción a pesar do tempo nas Festas do Cristo

Fisterra respirou devoción a pesar do tempo nas Festas do Cristo

Un ano máis, as Festas do Cristo de Fisterra foron todo un reclamo turístico e cultural na Costa da Morte. Este ano contaban ademais coa I Mostra de Artesáns na Fin do Mundo, o que propiciou que milleiros de visitantes se achegasen a disfrutar das súas vacacións a este recuncho de Galicia.

Como sempre, as procesións foron as protagonistas. E iso que non todas puideron saír. De feito, a procesión do Santo Enterro, unha das máis célebres, tivo que quedar na igrexa por mor da choiva. Ningún dos costaleiros que alí estaban recordaban unha semana santa na que a procesión tivo que quedar na casa. Pero este feito non impediu que o resto de procesións fosen seguidas por centos de fieis.

A Resurrección

Unha das citas máis singulares e seguidas das Festas do Cristo é a Representación da Resurrección de Cristo. O monte que hai ao carón da Igrexa de Santa María das Areas acolle a celebración. Ano tras ano, son centos de persoas as que se achegan ao lugar para ver a obra de teatro.

Pero non todo é tan feitiño como parece. Hai anos que desapareceu unha imaxe da Virxe de Pascua da representación. O Resucitao é agora a imaxe protagonista, ante o silencio de toda a parroquia fisterrá. Pero son moitos os romeiros que a poñen en falta, e que agardan que o crego lle devolva o seu protagonismo. Iso si, os fieis xa recuperaron unha frase antiquísima do anxo na Resurrección: "Satán ruje en las negruras"...

Vídeo da Procesión da Veronica e o Nazareno

A Resurrección

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios