Fisterra saca un folleto ilustrado para loitar contra a psuedotradición de queimar unha prenda na fin da terra
Fermoso e divertido o folleto "Das boas prácticas" que vén de elaborar o Concello de Fisterra, coa colaboración da imprenta provincial. Un panfleto para evitar os lumes no entorno do cabo Fisterra, que a través desa pseudotradición tantas desfeitas teñen provocado. É certo que o ideal tería sido sacalos a comezo de verán, pero a cousa sufrñiu varios retrasos.
Son folletos dirixidos aos peregrinos, que se van deixar en todos os albergues da vila do Cristo, así como hoteis e locais máis frecuentados polos visitantes.
O diseñador das ilustracións é Guitián, o ilustrador que se fixo famoso a nivel nacional gracias ás denuncias “relixiosas” polo cartel do entroido co papa… E os textos están feitos por un compañeiro do BNG de Fisterra e correxidos pola normalizadora do Concello.
Novas relacionadas
- Agosto 16: A pseudotradición de queimar prendes provoca un incendio no Cabo Fisterra.
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).