Fisterra subiuse a bordo do Blues


Sorprendidos ficaron en Fisterra ante a repercusión do I Fisterra Blues Experience. Poucos imaxinarían verse bailando blues na Praza da Constitución, e se algúns cumpliron un soño, outros, habitualmente ariscos ás novas propostas, tiveron que recoñecer que a aposta funciona. Veu moita xente de toda Galicia, sobre todo de Santiago, pero tamén a xente de Fisterra participou e vibrou coa música de raíces.
A Praza da Constitución e a aínda polémica Rúa Real peonil, convertíronse no centro neurálxico das actividades, pero destacaron as accións no porto, e sobre todo, o Blues a Bordo. Todos os que subiron ao Barco-Blues recoñeceron que foi incible sentir o verdadeiro son do Atlántico.
https://www.facebook.com/FisterraBlues/videos/695047360693158/Se o venres aínda non acabou de estoupar o festival (si no barco), o sábado houbo xente dende a sesión vermú. As actividades funcionaron estupendamente, dende as tapas, pasando polos obradoiros, os postos de artesanía, as sesións vermú e mesmo as jams.

Parece que o sector da hostalería tamén quedou contento pola boa afluencia de público, que provocou un gran nivel de ocupación e mesmo que algúns locais agotasen existencias. Moitos decatáronse de que a xente do mundo do blues de Galicia son xente que consume ben, que come ben, e que gustan de durmir ben. Xentes que alucinaron por disfrutar de tal música na fin da terra.
O nivel da música traballado polo director do Festival Javier Turnes vai ser complicado manter. Nas noites se disfrutaron de cousas como da Fisterra House Band, creada en Madrid co melloriño do blues da capital para vir á fin da terra, ou a Bakin’Blues Band tocando na casa, e con sección especial de vento.
E que dicir dunha lenda disto como Lazy Lester & the Lazy Boots, facendo un soberano concerto na praza:
https://www.facebook.com/FisterraBlues/videos/695171134014114/”Emocionoume ver a Praza da Constitución chea de xente, de fóra pero tamén moita de Fisterra, bailando blues”, recoñecía un máis que satisfeito teniente alcalde Kuka Sar. Un Sar que recoñece que “un goberno non se ten que adicar só a poñer ladrillo ou a traer verbenas, tamén temos que apostar por estas cousas novas”. Así valora que os 22.500€ de orzamento deste ano é só o primeiro paso para afianzar un festival que nas vindeiras edicións poderá ter máis axuda das administracións.
De toca estarmos atentos aos vídeos da Casa de Tolos, que servirá para pedir ás administración para o ano que vén.
Máis información
Novas relacionadas
- Javi Turnes: “O Fisterra Blues Experiencie quere traer unha oferta cultural á altura da paisaxe”.
- Alex López: Muiñeira triste de Fisterra Blues.
- O Fisterra Blues Experience traerá á fin da terra os sons máis auténticos do Atlántico.
- Entrevista en QPC: As Bondades da Fala: Un filósofo na fin da terra.
Artigos de Javier Turnes en “A Escarpadura”
- Javi Turnes abre a porta da ensinanza dende Canadá.
- O pobo e a unidade perdida.
- “Sen título”.
- Discontinuidade e Recoñecemento.
- Aquelo que resta.
- Habitar.
- Tarxeta de Nadal.
- Quebra.
Outras novas
- A música e a filosofía fundíronse coa paisaxe da Costa da Morte.
- Primeira aparición da Real Orquestra Fortuita da Costa da Morte.
- A Costa segue pensando e disfrutando a música.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).