Fisterra vibrará coa poesía de Asun Estévez na entrega de premios do concurso "Cabo Fisterra"


Este venres ás 19:30h terá lugar a entrega dos premios do II Concurso de poesía Cabo Fisterra.

O acto estará acompañado previamente da presentación do poemario "Noites, Amenceres .. e algo máis" da escritora Asun Estévez. Asun deleitaranos cun Recital poético, acompañada polas guitarras dos músicos Estela Martínez Martínez e Alejandro Lorenzo Díaz.
A cita será no Salón de actos do Concello e serán convocadas todas aquelas persoas que presentaron os seus traballos.
Unha loitadora
Esta escritora, natural de Bueu, loita día tras días contra o seu cancro de mama. Ademais de ser a secretaria da Adicam (Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama), Asun asegura que escribir un poemario é a mellor terapia contra o cancro.
Aquí vos deixamos cun vídeo de Asun recitando os poemas do seu libro Pel de Muller, presentado o dia 12/12/08 no Auditorio de Cangas.
Novas relacionadas
- O Cabo Fisterra en verso.
- As poesías falan en clave de Muller en Cee.
- Fisterra volve unirse a través do poemas de María José Lago Traba.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).