Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Galería acolle, 35 anos despois, unha mesa sobre o naufraxio do Casón

Cason 35 anos
A Galería acolle, 35 anos despois, unha mesa sobre o naufraxio do Casón

Moito se falou estas semanas do 20 aniversario do Prestige. Menos se fala do naufraxio do Casón, aquel suceso de histeria colectiva provocada que paralizou a vida de toda unha comarca.

Quedan moitas preguntas sen resposta, como reflexionaba hai 5 anos Louzán, e de aí a necesidade de afondar sobre o asunto.

Non podía ser noutro lugar que en Fisterra onde se propoña debater sobre o asunto. Desta volta a xuntanza de dous pesos pesados do eido cultural da vila como Roberto Traba Velay e Bebeto nace esta mesa redonda. Roberto leva tempo con gañas de organizar tertulias no seu bar, e Rapacollóns segue con ánimo de dinamizar a vida fisterrá en todos os seus eidos.

De aí nace, no marco do Outono Cultural da asociación, esta mesa redonda co gallo dos 35 anos do naufraxio do Casón na praia do Rostro. A cita será este sábado 3 de decembro ás 19:00h no Bar a Galería (a data do afundimento foi o 5 de decembro de 1987).

A tertulia será conducida por Xusto López Carril (director do programa Mar de Ardora da Radio Galega) e participarán Pepe de Olegario, Rafael Mouzo, Agapito Mendoza e Xosé Manuel Traba. Ademáis, poderá intervir quen o desexe.

 

Novas do Casón

Máis novas do Prestige

Comentarios