30 anos do Casón e moitas preguntas sen resposta

20:04 05/12/17

Os informes sobre a natureza da carga do buque, as explosións que comezaron a producirse no interior do mercante e unha pésima coordinación por parte das autoridades, acabaron por desatar unha onda de histeria, que a Administración, lonxe de calmar, aumentou co anuncio, a noite do día 10 de Decembro, do envío dunha gran flota de autobuses (cabe lembrar que daquela a dotación da comarca en materia de transporte público era peor aínda que agora, se cabe) para evacuar a poboación da zona polo alto risco para a saude da nube tóxica que xa comezaba a ser notoria e visible dende Muxía.
Alarmados, moitos veciños de Fisterra, Muxía, Cee e Corcubión decidiron non agardar a orde das autoridades e, pese aos desmentidos posteriores e a os chamamentos a calma, emprenderon polos seus propios medios unha fuxida que os levou a Santiago, A Coruña ou Vigo, para ser acollidos por familiares e amigos, ou nalgún caso, en polideportivos e colexios.
Moitos foron os que quedaron pero o dano, despois dunha noite difícil de esquecer, xa estaba feito. A situación comezou a normalizarse un día despois co regreso da maioría dos veciños as súas casas, pero o siniestro aínda propiciou grandes "danos colaterais", como as derivadas do paro en Alumina Aluminio en San Cibrao (Lugo) a onde se transportaron os famosos bidons descargados do mercante e cargados de productos químicos e moitas preguntas aínda sen resposta 30 anos despois.
Por exemplo; ¿Cal era realmente a carga do buque?,... produtos químicos ou "un reactor nuclear" como mantiña o ex alcalde de Corcubión Rafael Mouzo?, ¿Qué provocou que a tripulación o abandonase de xeito tan precipitado? ¿É certo, cómo sosteñen algunhas fontes, que o Cason realizara sendas escalas sen rexistrar noutros puertos, ¿Con que fin?. ¿Houbo interese en facer embarrancar o mercante en lugar de remolcalo?, ¿Qué ocurriu coa carga que foi rescatada?. ¿Por qué, 30 anos despois, as autoridades amosan un repentino interese en desguazar o pecio, a pesares das peticións de organizacións e profesionais do buceo para que se permita usar o lugar como atractivo turístico para esta actividade? Preguntas sen resposta dun de tantos desastres na nosa costa, a Costa da Morte.