luns. 12.05.2025
El tiempo

Galiza Nova de Fisterra convídanos a facer sendeirismo

Galiza Nova de Fisterra convídanos a facer sendeirismo
A Asemblea de Galiza Nova en Fisterra vai organizar un roteiro de sendeirismo o vindeiro sábado, 23 de xullo e ao que convidan a todos aqueles que desexen participar. A cita comezará ás 10:00h. O punto de encontró será a porta principal do CEIP Mar de Fóra, na rúa Alcalde Fernández. Ao comezo repartiranse uns folletos explicativos a modo de guía. Dende ahí o camiño irá rumbo ao Val de Duio. Este percorrido pasa por diversos lugares de gran interese histórico, etnográfico, natural e paisaxístico. O cumio da visita será nos restos arqueolóxicos de Punta Castelo, en Castromiñán. A mocidade nacionalista pretende dar a coñecer a fortaleza da Idade do Ferro, un dos mellores castros costeiros do país e o seu virxe entorno. Entre os consellos que dan aos participantes recomendan que os participantes leven bebida e comida para reponer forzas a mediodía. Á volta da actividade Galiza Nova ofrecerá unha merenda no local do BNG de Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios