Venres. 22.01.2021
El tiempo

A Garda Civil desaloxa unha festa nunha casa semiabandonada de Denle

A Garda Civil desaloxa unha festa nunha casa semiabandonada de Denle

Este pasado sábado, a Garda Civil de Muxía desprazábase ata o lugar de Denle (Fisterra) para desaloxar unha festa que se estaba a desenvolver nunha vuvenda semiabandonada. Eran case as 2:00h da madrugada cando os axentes chegaron á vivenda. Nese momento varias persoas que estaban exterior bebendo bebidas alcohólicas escaparon apresuradamente ao decatarse da presenza dos Gardas Civís. Así que proceden a solicitar ás persoas que se atopaban no interior para seren identificados, formulando 10 denuncias.

No transcurso da intervención policial, un vehículo achegouse ao lugar dos feitos. A pesar da orde, mediante o uso dos sinais pertinentes, de detención, o vehículo dá marcha atrás e foxe do lugar polas rúas. Un dos Axentes emprende a persecución correndo e logrando in extremis ler as placas de matricula de vehículo. Contra este usuario formuláronse tamén dúas denuncias por infracción á Lei de Seguridade Víal.

Unha multa a un bar

Paralelamente, a Garda Civil a primeira hora da noite do sábado tamén se acudiu a un establecemento de hosteleria da localidade de Fisterra por estar superando alí ampliamente os límites de aforo. O xerente do local foi informado que se formularían as correspondentes denuncias ante a autoridade competente.

comentarios