Xoves. 05.08.2021
El tiempo

A Garda Civil detén un fisterrán por roubar 3.000 nun local de hostalería

A Garda Civil detén un fisterrán por roubar 3.000 nun local de hostalería

A Garda Civil do Posto de Corcubión detivo veciño de Fisterra presunto autor dun delito de roubo con forza nun local de hostalería na madrugada do día 11 de xullo, rompendo o cristal dunha das fiestras, e levando 3.000 euros. . Os propietarios presentaron unha denuncia, e os axentes abriron unha investigación ata lograr a identificación do presunto responsable, coñecido das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole.

A Garda Civil procedeu á detención desta persoa, como presunto autor dun delito de roubo con forza, poñéndoo, xunto coas actuacións realizadas, a disposición do Xulgado de Instrución non 1 de Corcubión.

comentarios