venres. 24.01.2025
El tiempo

Guadalupe Vázquez presentou “Alicia no Labirinto das Sombras” na escola unitaria de Vilar de Duio

Foto presentación en Vilar de Duio, Fisterra
Foto presentación en Vilar de Duio, Fisterra
Guadalupe Vázquez presentou “Alicia no Labirinto das Sombras” na escola unitaria de Vilar de Duio

Nunha escola unitaria de Vilar de Duio chea de público, Guadalupe Vázquez Formoso presentou este domingo 29 a súa novela xuvenil “Alicia no Labirinto das Sombras” (Belagua Ediciones), que trata sobre o acoso escolar, o tristemente célebre “bullying”.

No evento, organizado pola comisión de festas Duio-Fisterra e o Concello de Fisterra e amenizado pola charanga “A Tripulasión”, abordouse e reflexionouse de maneira colectiva sobre o tema que a autora trata na obra: o do acoso escolar.

Durante o acto, Vázquez Formoso compartiu fragmentos da súa obra e destacou que a novela nace da súa preocupación como educadora sobre esta problemática que afecta a demasiados nenos e mozos na actualidade e que pode deixar unha fonda pegada para toda a vida, “polo cal é tan importante abrir espazos de debate e reflexión para poder poñerlle remedio”.

A alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez, e Eva Senlle, presidenta da comisión de festas Duio-Fisterra, acompañaron á autora nesta presentación dunha “ferramenta valiosa para dar visibilidade e sensibilizar sobre este tema: Alicia no Labirinto das Sombras”. 

Comentarios