Jose Marcote presentou a lista do PSOE fisterrán

11:05 08/05/23
O PSdeG-PSOE de Fisterra presentou a candidatura de José Marcote para revalidar a alcaldía do municipio, un cargo que leva ostentando dende 2015. A secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela Rodríguez, acompañou ao candidato no acto de presentación.
O alcalde socialista presentou unha lista “de continuidade”, acompañado pola xente que xa integrou a súa candidatura nas eleccións de hai catro anos. O seu obxectivo é “seguir co noso proxecto en Fisterra”, xa que “o mellor para continuar co proxecto socialista é a xente que xa o está levando a cabo”.
“Gobernar en solitario, é o mellor xeito de aplicar o noso programa”, afirmou o candidato, “aínda que sempre se terán en conta as aportacións da oposición”, engadiu.