Juan Luís Estévez, da Panadería Germán de Fisterra, volve estar entre os 50 panadeiros TOP de España

Juan Luís Estévez nunha xornada coa Asociacion de Fabricantes de Pan de Coruña

O #métodoFisterra volverá estar na vangarda do pan en toda España. Juan Luis Estévez, o panadeiro da Panadería Germán de Fisterra, cólase entre os 50 TOP de toda España e volve recibir a Estrella de Panadeiros por 6º vez consecutiva.

A pesar do novo formato (unha evolución da Ruta Española del Buen Pan), dos novos xuíces, da redución de estrellas entregadas para facelo máis difícil, o fisterrán volve situarse entre os elexidos. Ao longo deste ano, avaliadores anónimos pasaron pola panadería para analizar a calidade do pan, a presentación en tenda e máis a atención ao público. E parece que a proba foi superada con nota, esperando xa o galardón que se será entregada nunha gala que se celebrará o 29 de outubro en Madrid.

Non deixen de seguir nas redes sociais a @juanluiestevezpanaderoartesano (xa conta con case 30.000 siareiros en IG), que demostra que unha profesión milenaria como a de panadeiro pode ser tendencia.

Novas sobre o Panadeiro da fin da terra

Máis novas de vangarda gastronómica