Luns. 06.05.2024
El tiempo

O malpicán Xurxo Agrasar será un dos finalistas a Pasteleiro Revelación no Madrid Fusión

xurxo-agrasar-1080x675
¡
O malpicán Xurxo Agrasar será un dos finalistas a Pasteleiro Revelación no Madrid Fusión

Se xa se anunciaba a comezos de mes que Brais Pichel, coa súa recén estreada Estrella Michelín, será finalista como Cociñeiro Revelación no Madrid Fusión 2024, onte tamén descubrimos que teremos outro finalista no certame gastronómico.

Xurxo Agrasar, do Restaurante As Garzas, de Barizo (que onte revalidaba a súa Estrella), será un dos seis finalistas a Pasteleiro Revelación. Agrasar, formado no CIFP Paseo Das Pontes, é o fillo de Fernando, xefe de Cociña, e María Jose, xefa de sala deste restaurante familiar que se te convertindo nuns dos grandes referentes da gastronomía cbergantiñá.

Xurxo fai de panadeiro e pasteleiro no restaurante, ofrecendo unhas sobremesas moi imaxinativas e apostando sempre polo produto local.

Comentarios