A Panadería Germán e Juan Luís Estévez reciben a 5ª estrella consecutiva do mundo do Pan
O panadeiro da fin do mundo mantense entre os 100 mellores panadeiros artesáns de toda España, leal a un produto “senporsen” natural e de calidade, apostando pola “gastronomía tradicional e saudable, adaptando o que facían os nosos avós aos tempos de agora, con ingredientes de Km.0, coa fariña de Carballo de Jesús Muíño, sans e sen químicos”. explica.
Unha panadería que aguanta a subida dos prezos das fariñas para intentar non repercutirllo á veciñanza, e un panadeiro que é consciente da importancia de ensinarlle ao mundo a través de internet, o que se fai. “As redes axudan moito a difundur”, recoñece Juan Luís, pero cómpre apuntar que sen un produto excelso e sen saber usalas, elas soas non fan nada.
A entrega da “estrella” terá lugar o vindeiro 14 de novembro na Feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia.
Novas relacionadas
- Setembro 22: O panadeiro da fin da terra volve meter a Panadería Germán entre as 100 mellores de España.
- Febreiro 22: Diego Trillo de Pandejuevo: “Ser finalista do Madrid Fusión é unha locura”.
- Novembro 21: A Panadería Germán, de novo na Ruta Española do Bo Pan.
- 2019: O fisterrán Juan Luis Estévez recibe, por terceiro ano, a Estrella como un dos Mellores Panadeiros de España.