O Terra de Brais Pichel recibe a súa primeira Estrella Michelín
Acaba de ser nomeado finalista a Cociñeiro Revelación do Madrid Fusión 2024. Pero o gran premio que leva o chef fisterrán Brais Pichel chegou esta noite. A Gala das Estrellas Michelín vén de outorgar unha Estrella ao seu Terra.
”Volveu á súa casa para dar un xiro ao seu negocio familiar e reformular, dende unha visión moderna, os sabores da Costa da Morte”. Así valora a prestixiosa guía gastronómica a oferta do restaurante fisterrán.
Ademais de Terra, na Costa da Morte manteñen a súa estrela Michelin os restaurantes As Garzas, de Malpica e o Retiro da Costiña, de Santa Comba.
No resto de Galicia: Maruja Limón, de Vigo; Silabario, de Vigo; Eirado dá Leña, de Pontevedra; Yayo Daporta, de Cambados; Casa Solla, de Poio; Árbore dá Veira, da Coruña; A Tafona, de Santiago de Compostela; Casa Marcelo, de Santiago de Compostela; O Pazo, de Padrón; Restaurante Miguel Anxo González, de Pereiro de Aguiar; e Nova e Ceibe, de Ourense.
Podedes ver a aquí a gala, presentada por Andreu Buenafuente.
Máis novas