Martes. 30.04.2024
El tiempo

Kepa Junkera volve á Costa co seu novo libro-documental

Kepa Junquera-Foto-SindoNovoa
Kepa Junquera-Foto-SindoNovoa
Kepa Junkera volve á Costa co seu novo libro-documental

Co seu novo libro e documental, “Berpitzu”, volve Kepa Junquera pola Costa da Morte. O artista vasco volve ao lugar do seu último concerto, celebrado o 18 outubro do 2018 no Bela Fisterra, en compañía do aínda vivo Pazos de Merezo nunha das súas clases maxistrais de acordeón acompañado de amig@s.

Vén ademais cunha cargada axenda de eventos gratuitos, sen necesidade de reservar entrada. O euskaldún estará o venres 28 de abril ás 19h en Bela Fisterra, con algunha sorpresa.

O sábado 29 fará sesión doble. Estará as 12:00h nos cinemas de Xunqueira (Cee) presentando tamén o documental, e pola tarde, ás 17:00h noutra das súas casas na comarca: o Couto (Ponteceso) da man da Fundación Eduardo Pondal e Ponteceso Cultura Permanente.

No libro-documental, Kepa está arroupado por máis de 40 artistas nunha viaxe emocional, desde os seus comezos ata decembro do ano 2018, data na que desapareceu dos escenarios tras ter sufrido un ictus severo. O periodista e musicólogo Joseba Martín vén recollendo todo o material feito e crearon unha xoia escrita e outra audiovisual.

Novas relacionadas

Comentarios