Venres. 26.04.2024
El tiempo

Laxe, a primeira parada de Ribeiras de Salitre, o novo programa salgado da TVG

Laxe, a primeira parada de Ribeiras de Salitre, o novo programa salgado da TVG
X. H. Rivadulla Corcón coa redeira Sonia Neira no porto de Laxe, durante a rodaxe de Ribeiras de Salitre X. H. Rivadulla Corcón coa redeira Sonia Neira no porto de Laxe, durante a rodaxe de Ribeiras de Salitre

Se falas de mar, tes que falar de Laxe. Xa foi escenario de diferentes documentais, ademais de series míticas da TVG. E agora o novo programa salgado da televisión galega, Ribeiras de salitre. Será Xosé Henrique Rivadulla Corcón, o hercu-muxián, o que leve as rendas desta celebración da vida na cultura mariñeira.

Ribeiras de salitre é a serie documental que a TVG dedica a vida dos portos galegos inicia a emisión de novos capítulos. Será a partir do próximo domingo 13 ás 15:30h da tarde, cun programa dedicado ao porto de Laxe. Serán os homes e mulleres que viven do mar laxense, os protagonistas dese primeiro programa.

Unha serie que amosa a alegría da vida mariñeira, dando a coñecer aos homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. As súas historias onde descubrimos a alegría de vivir na cultura mariñeira.

A visita ao porto de Laxe

X. H. Rivadulla Corcón co maquetista naval Tom Bello en Laxe X. H. Rivadulla Corcón co maquetista naval Tom Bello en Laxe

No mar bravo da Costa da Morte atopamos a ribeira de salitre de Laxe, moi representativa do ser desta costa. Aquí traballan 138 mariñeiros coas artes das vetas, miños, trasmallos e as nasas do polbo, e tamén é ribeira de percebeiros. Sendo as especies máis capturadas a pescada, a carioca, a xuliana, o polbo, e o percebe.

Aquí as redeiras, como Sonia Neira, fan unha labor imprescindible, atando os aparellos que os mariñeiros levaran ao mar para traer o peixe a terra. Sonia é, ademais, muller de mariñeiro e reivindica un papel protagonista para a muller no mundo do mar.

Tom Bello é un carpinteiro de ribeira a pequena escala, porque dedícase a construción de maquetas de barcos, moitos deles a motor con capacidade para navegas. Moitas das pezas de Tom atópanse en museos do mar de toda Galicia, como o do Grove, o de Fisterra e o do propio de Laxe.

O son mariñeiro pono “O tren da unha”. Un grupo musical formado por xentes de Laxe, algúns deles mariñeiros, que ten un estilo festivo e alegre, e que cantan moito a súa vila e ás xentes mariñeiras. Van actuar para nós xunto á capela de Santa Rosa, emprazada nun alto dende o que se ve todo o porto de Laxe.

Con Jesús Mari Pose imos coñecer o seu xeito persoal de facer a caldeirada. El non é un cociñeiro profesional, é o presidente da Cruz vermella de Laxe, e vaise atrever a desvelarnos o seu segredo para facer unhas caldeiradas riquísimas, neste ocasión de abadexo.

Estaremos no mar e no porto cun home que ten a alma mollada en salitre, Raúl Villar. Un mariñeiro moi singular, que amosa unha grande paixón polo seu oficio e pola súa vila. Un home entrañable que se fai querer e sabe transmitir esa alegría de vivir no centro da cultura mariñeira.

O párroco da vila, Enrique Redondo, falaranos de cómo é a relixiosidade destas xentes mariñas. En Laxe existe unha enorme devoción pola virxe do Carme, e por Santa Rosa. E, tamén, Enrique Redondo vainos contar como vive un párroco integrado no mundo mariñeiro, case sendo un mariñeiro máis.

Tamén estaremos co patrón Maior Manolo Villar, que ademais de falarnos das características deste porto, vainos contar como ama o seu oficio de mariñeiro, que exerce dende moi novo.

O mariñeiro Raúl Villar, un dos protagonista do Naufraxio de Laxe, e tamén do programa Ribeira de Salitre O mariñeiro Raúl Villar, un dos protagonista do Naufraxio de Laxe, e tamén do programa Ribeira de Salitre

Tamén en Muxía, Muros, Fisterra e Malpica

Non será o único porto costeiro que visite o programa. Durante as próximas vinte e seis semana a través de Ribeiras de salitre, os espectadores da TVG coñeceran a vida dos portos de Laxe, Cangas, A Guarda, Rianxo, Muxía, Baiona, A Illa de Arousa, Bueu, O Grove, Cambados, A Coruña, Sada, Muros, Fisterra, Mugardos, Pontedeume, O Barqueiro, San Cibrao, Caión, Malpica, Cedeira, Cariño, Foz, Ribadeo, Burela e Celeiro.

Equipo de Ribeiras de Salitre prepar†ndose para hacer unha gravacion no mar de Laxe Equipo de Ribeiras de Salitre preparándose para hacer unha gravacion no mar de Laxe

Ribeiras de salitre

A serie que está producida por Producións Celtas e dirixida e presentada por X. H. Rivadulla Corcón, viaxa cada semana a un porto de Galicia, para mergullarse na súa vida falando coas distintas persoas que desenvolven o seu traballo no portos, dende mariñeiros, a redeiras, axentes da policía portuaria, mariscadores, traballadores das lonxas, poxadores, armadores, estibadores... e tamén outras persoas que non traballando directamente no porto si está a súa actividade moi vinculada a el, como pode ser o caso de cociñeiros especializados en pratos a base do peixe que se descarga no porto da localidade, ou incluso artistas como pintores, fotógrafos, músicos escritores... que teñen o porto e o mar como principal obxecto artístico e de inspiración.

X. H. Rivadulla Corcon facendo unha presentacion no mar de Laxe X. H. Rivadulla Corcón facendo unha presentación de Ribeiras de Salitre

O equipo de RIBEIRAS DE SALITRE está composto por:

  • Produtor executivo, director e guionista: X. H. Rivadulla Corcón.
  • Xefa de produción: Noelia López.
  • Realizadora: Sika Lamas.
  • Redactoras: Alba Sotelo e Noel Queipo.
  • Director de fotografía e cámara: Jaime Fernández.
  • Cámara: Diego Beltrán.
  • Axudante de produción: Sara Allú.
  • Edición e posprodución: Oscar Galansky.
  • Posprodución de audio: David Ramos.
  • Cabeceira e grafismos: Yago Torres.

Documentais sobre O mar de Laxe

Novas de Rivadulla Corcón

Máis novas audiovisuais

Fonte

Comentarios