Licitadas as obras da escola infantil de Fisterra


Tralas críticas da semana pasada do BNG de Fisterra, esta semana a Xunta apura a licitación de obra para a contrución da escola infantil de Fisterra. Así o publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).
A entrada en funcionamento está prevista para finais deste ano.
O orzamento base de licitación ascende a 643.247,05 euros, mentres que o prazo de execución das obras será de 7 meses. O prazo de presentación de documentación remata ás 14:00 horas do vindeiro 11 de maio.
Datos
A futura escola infantil construirase nunha parcela situada na Rúa Alcalde Fernández e terá un total de 41 prazas divididas en 3 unidades para nenos e nenas de 0 a 3 anos. As instalacións incluirán tamén un aula de usos múltiples e unha zona de servizos na que estarán a cociña, vestiarios, sala de profesores e outras instalacións.
Nova escola en Carnota e Coristanco
Ademais, a Xunta asegura que xa están en construción novas escolas infantís en Coristanco e Carnota.
Novas relacionadas
- 6 novos edificios da Anchoa son declarados ilegais.
- 19-04-11: Denuncian que o Concello de Fisterra comezou as obras da escola infantil sen proxecto.
- 26-01-11: En marcha a futura gardería de Fisterra.
- O IES Fin do Camiño recibe en Madrid un premio pola súa coa convivencia.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.