Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Luis Insua foi presentado como candidato do PP de Fisterra

DIEGO CALVO e Luis Insua FISTERRA
Luis Insua foi presentado como candidato do PP de Fisterra

Varias semanas despois do anuncio, Luís Insua foi presentado esta pasada tarde de xoves como o candidato á alcaldía de Fisterra polo PP. Arroupado polos responsables provinciais Diego Calvo e Evaristo Ben, así como pola cúpula local da man do exalcalde José Manuel Traba e o ex edil Santiago Insua Recamán, Insua asume o reto de liderar o PP de Fisterra para “solucionar vellas reivindicacións e ilusionar aos veciños con outra maneira de facer as cousas”.

“Afronto o reto ca maior das ilusións, humildade e responsabilidade para devolver a Fisterra ao lugar que lle corresponde. Non podemos nin debemos conformarnos co que hai, o conformismo non é unha opción, estou aquí ca firme convicción de que as cousas poden facerse doutro xeito”, dixo.

Os líderes provinciais agradecen a “valentía” amosada polo coñecido árbitro costeiro. “Temos un proxecto claro de futuro para Fisterra, comprometido co benestar dos veciños, coa dotación de servizos públicos de calidade, e que aposte polo desenvolvemento económico tendo como referencia os dous sectores máis representativos fisterráns: pesca e turismo”, apuntou o popular.

Novas do PP

Novas das eleccións

Comentarios